Agora que xa tes o porqué, queremos axudarte co cómo

Agora que xa sabes que todos os fondos recadados nesta iniciativa, serán destinados para Cruz Vermella Santiago  é probable que te plantexes, ¿pero eu cómo podo axudar? 

Pois querer é poder, e temos moitísimas formas polas que podes axudar nesta iniciativa. 

A continuación explicámoschas.

Como voluntario

Neste enlace tes un formulario no que podes enviarnos os teus datos para que te poidamos explicar en que consiste sen compromiso. 

Como empresa solidaria

    • A través de un stand na «Feira do deporte», consistente nunha mesa e rejilla posterior para colgar a vosa cartelería, con unha aportación mínima de 50 euros en concepto de aluguer do espacio.
    • Con publicidade na milla solidaria, facendo chegar unha lona. Aportación mínima de 50 euros en concepto de Publicidade.

Como clube ou asociación

  • Realizando algunha actividade ó longo de todo o día do deporte. 
  • Facendo chegar equipación e outros regalos que sortearemos entre todos os participantes do Día do Deporte Solidario.

Axudando a difundir o evento

Podes axudarnos a dar a coñecer o evento difundindo o enlace da nosa páxina de facebook.

Sexa cal sexa a forma na que colabores, estaremos moi agradecidos de contar coa túa axuda.

E se tes algunha dúbida, contacta con nós e axudarémoste no que precises. Pero non perdas tempo, ¡que xa falta pouco!